Adoitaba dicer que sería avó antes que pai naquelas
conversas [ás veces incómodas] nas que semella por momentos que o interese do
interlocutor radica máis en impacientarte que en preocuparse por ti.
Pois ben, en certo modo non estivo a cousa moi
desencaminhada. Mentres a minha filla acababa de facer 2 anos, a minha sobrinha
era nai dun fermoso bebé chamado Miguel, dándolle á Lara o seu primeiro
"sobrinho segundo" e ao que subscribe o seu primeiro
"sobrinho-neto".
Lerias á parte, agardo que o Miguel saiba captar cada día a
beleza deste mundo e acade ver a parte máis humana e fermosa dumha sociedade
que loita desesperadamente por deshumanizarse.