Xa está matriculada no “cole”. O mesmo que lle pasou ao pai,
a Lara vai ser das maiores da aula (por ter nacido no mes de febreiro). Estes
días estamos despedíndonos da Escola Infantil Concepción Sáiz Otero, onde gozou dun ano de relacións, experiencias e amizades, tanto coas educadoras
como co resto de nenas e nenos cos que compartiu centro.
O pasado 10 de xunho tinha lugar a festa de fin de curso,
onde recibiron un diploma moi chulo e puideron cantar, bailar e xogar cabo da súa familia e dos seus companheiros. Para esta actividade, pedíronnos desde a Escola que asistiran
disfrazados con temática medieval e, como queira que a Lara gosta muito da
serie de debuxos animados O pequeno reino de Benn e Holly e mesmo
fantasea amiúdo coa personaxe da princesa Holly, chegamos ao acordo na casa que iría disfrazada da personaxe de Baker e Astley. De feito, rexeitou de cheo
cualquer outra posibilidade. Velaquí o motivo polo que 2 días antes me puxen mans á
obra para ver onde podía mercar ou como podía facer este traxe. O resultado foi
bastante satisfactorio e o traballo e os custos, moi poucos. E este é o motivo, polo que quero compartir a experiencia con vós.