Mostras de balde


Xa no hospital recibirás os primeiros agasallos, consistentes en material promocional/publicitario dalgumhas das casas máis conhecidas. Aínda recibirás algumha sorpresa posteriormente por parte dalgumha empresa que "curiosamente" ten os datos do nacimento sen que ti saibas mui ben como lle chegaron. Despois están as opcións que ti escollas, se queres recibir mostras, ofertas, promocións.... No meu caso, escollín darme de alta en cuase todo o que puiden pois pensei que se me ían bombardear con propaganda de todos xeitos, polo menos tentar sacar algumha cousinha por pequena que sexa. Ademáis, en linhas xerais, tenho que dicer que non é nada traumático; antes ben, tenho recibido informacion ben útil (ademáis de pequenos agasallos/mostras) nos primeiros meses de vida da Lara.

Eis algumhas opcións á hora de recibir eses agasallos de benvida por parte de distintas casas comerciais. Se tes interese, non deixes de pescudar pola rede, nomeadamente nas redes sociais. 

Pede en cualquer establecemento da rede Gadis un folleto "BebeGadis", no que has atopar a información precisa. Tes que cubrir o cupón cos teus datos e entregalo en cualquera dos establecementos xunto ás fotocopias do DNI e do libro de familia. Hante avisar para entregarche umha bolsa mui chula con umha morea de mostras para o coidado da mamá e do bebé.

Por rexistrarte poderás escoller como agasallo de benvida entre un paquete de cueiros e un bote de leite. Ademáis, producen aplicacións gratuitas e diversas promocións que che farán chegar periódicamente.

Hai que entrar nesta ligazón e seguir as instruccións. O requisito é estar embarazada ou ser mai dun bebé de menos de 6 meses. O agasallo envíano entre os 4 e 6 meses de vida da crianza.

DKV (CHARLAS MATRONALES)
Todas as participantes nas "Charlas Matronales DKV" que se inscriban e acudan a umha charla presencial recibirán un obsequio pola súa asistencia, composto dun lote de produtos para o beb.

Nestlé tamén se suma aos agasallos de benvida e mostras periódicas dos seus produtos. Rexístrate na ligazón e segue as instruccións.

Rexístrate no seu clube e recibirás un pack de benvida, ademáis dun desconto do 30% na loxa on-line de Philips Avent. Tamén has recibir mostras de balde de produtos Nutribén en base á idade do bebé, participar en promocións e concursos...

Rexistrándote tamén vas gozar de diversas cousinhas. Non vexo últimamente a promoción, mais cuando naceu a Lara enviaban 1 bote grande leite de fórmula.

Rexístrate e consegue umha mostra de Dodot sensitive

Rexístrate e consegue un babeiro, ademáis de participar en varios concursos, promocións... recibirás mostras de leite de fórmula con certa periodicidade

Toalla para o banho

IKEA
Os bebés que nazan o 14 de novembro de 2014, poderán acollerse á promoción do berce de balde que ofreceu IKEA no pasado "San Valentín"

E un par delas fóra de Galiza:

Por rexistrarse nesta ligazón, poderás recoller umha canastinha de benvida para o bebé
  
A cadena de hipermercados HIPERBER, distribuida pola provincia alicantina, ofrece varios agasallos aos clientes que tenhan o cartón HIPERBER e vaian ser ou sexan pais recentes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario